Fondo cabecera Concello de Ribas de Sil

Novas

9 contenidos

PROGRAMA DE GARANTÍA XUVENIL 2025

cartel Programa de Garantía Xuvenil 2025
O Concello de Ribas de Sil é beneficiario dunha axuda outorgada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cofinanciada polo Fondo Social Europeo Plus Galicia 2021 - 2027 para a contratación dunha persoa traballadora inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (procedemento TR350E). A contratación será de 9 meses na categoría de peón de obras públicas e contribuirá a mellorar os servizos municipais que se ofrecen aos veciños.

Leer más

CONVENIO INTERADMINISTRATIVO ASINADO COA DEPUTACIÓN DE LUGO 2025

CARTEL CONVENIO INTERADMINISTRATIVO ASINADO COA DEPUTACIÓN DE LUGO 2025
O Concello de Ribas de Sil asinou un convenio interadministrativo coa Deputación de Lugo para cooperar no financiamento dos gastos derivados da execución de varias actuacións no Concello de Ribas de Sil: - Mantemento e mellora de zonas verdes, viais e espazos públicos - Adquisición dunha varredora industrial para as rúas de San Clodio - Adquisición de rozadoira forestal robusta de dous rotores - Adquisición de casetas de madeira para stands - Adquisición de luces de Nadal - Adquisición de parcela con ref catastral: 0831111PH4003S00001IM - Subministro de módulo para aseos temporais na praia fluvial - Dotación de butacas fixas no salón de actos da Casa Consistorial - Adquisición de vehículo para a Brigada Forestal - Construción de escolleira en Castro de Abaixo. A achega da Deputación de Lugo é de 300.000,00 €.

Leer más

PLAN CAMIÑA RURAL 2025-2026 (AGADER)

Cartel Plan Camiña Rural 2025-2026
Ribas de Sil é un dos concellos beneficiarios do Plan Camiña Rural 2025-2026 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). A subvención por importe total de 48.857,00 € servirá para executar as obras de MELLORA DE ACCESOS A PARCELAS AGRÍCOLAS EN SAN PEDRO, RELOSIO, VILARDONAS E OS CASTROS.

Leer más

SERVIZO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

Cartel do Servizo de Atención Temperá
O Concello de Ribas de Sil é beneficiario da Convocatoria de subvencións ás entidades locais para a prestación de servizos no marco da Rede Galega de atención temperá nos anos 2024 a 2026, cofinanciada pola Unión Europea. O servizo de atención temperá ten como obxectivo principal promover a autonomía persoal dos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento.

Leer más

CONVENIO INCENDIOS

cartel incendios
O Concello de Ribas de Sil ten asinado un convenio coa Consellería do Medio Rural para a realización de acción de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola De Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027.Dentro das actuacións recollidas neste convenio atópanse as dirixidas a constitución dunha brigada de prevención e extinción de incendios no Concello de Ribas de Sil, así como labores de limpeza e prevención en vías municipais.

Leer más

PLAN DEPUTACIÓN DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2025 (DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO)

Plan Deputación 2025
O Concello de Ribas de Sil participa no Plan Deputación de Cooperación cos Concellos para o ano 2025, consonte ás bases aprobadas pola Deputación de Lugo. A cantidade asignada ao municipio con cargo a este plan é de 225.723,39 euros, dos cales o Concello decidiu dedicar 113.009,12 euros a investimentos, e o resto aos programas de SAF, reforzo do emprego, celebración de feiras, mercados e outros, administración electrónica e protección de datos e protección civil. Tanto no programa de investimentos como no resto de programas se inclúen varias actuacións para a mellora dos servizos municipais e das condicións de vida de toda a veciñanza.

Leer más

9 contenidos

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribas de Sil
Concello de Ribas de Sil
Plaza Maior N°1 – 27310 San Clodio - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 428 237
E-mail: concelloribasdesil@gmail.com