Novas
CONVENIO INTERADMINISTRATIVO ASINADO COA DEPUTACIÓN DE LUGO 2025
O Concello de Ribas de Sil asinou un convenio interadministrativo coa Deputación de Lugo para cooperar no financiamento dos gastos derivados da execución de varias actuacións no Concello de Ribas de Sil: - Mantemento e mellora de zonas verdes, viais e espazos públicos - Adquisición dunha varredora industrial para as rúas de San Clodio - Adquisición de rozadoira forestal robusta de dous rotores - Adquisición de casetas de madeira para stands - Adquisición de luces de Nadal - Adquisición de parcela con ref catastral: 0831111PH4003S00001IM - Subministro de módulo para aseos temporais na praia fluvial - Dotación de butacas fixas no salón de actos da Casa Consistorial - Adquisición de vehículo para a Brigada Forestal - Construción de escolleira en Castro de Abaixo. A achega da Deputación de Lugo é de 300.000,00 €.