Fondo cabecera Concello de Ribas de Sil

Novas

SUBVENCIÓN PARA MELLORA DO SANEAMENTO DE PLUVIAIS NO BARRIO DE A VEIGA (AUGAS DE GALICIA/ FONDOS FEDER)

Con data 21 de xullo de 2021, AUGAS DE GALICIA concedeu ao Concello de Ribas de Sil unha subvención por importe de 42.011,08 € para a execución do proxecto: "MELLORA DO SANEAMENTO DE PLUVIAIS NO BARRIO DA VEIGA EN SAN CLODIO" ao abeiro da Resolución do 12 de marzo de 2021 (DOG núm. 56 do 24 de marzo de 2021). Este proxecto pretende solucionar os problemas da rede de saneamento no barrio da Veiga, que provocan a inundación de campos de cultivo, xa que a rede non é capaz de evacuar as augas pluviais. As obras consisten en instalar unha tubería de pluviais para conseguir un alcantarillado separativo no barrio da Veiga, que facilite a evacuación destas augas. Este proxecto contará co apoio financiero da Unión Europea, a través do FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19 (EIXE REACT-UE DO PROGRAMA OPERATIVO FEDER GALICIA 2014-2020).
Cartel Augas de Galicia

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribas de Sil
Concello de Ribas de Sil
Plaza Maior N°1 – 27310 San Clodio - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 428 237 | Fax: 982 428 551
E-mail: concello.ribasdesil@eidolocal.es