Novas
PLAN DEPUTACIÓN DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS 2026 (DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO)
O Concello de Ribas de Sil participa no Plan Deputación de Cooperación cos Concellos para o ano 2026, consonte ás bases aprobadas pola Deputación de Lugo. A cantidade asignada ao municipio con cargo a este plan é de 232.056,39 euros, dos cales o Concello de Ribas de Sil decidiu dedicar a investimentos 149.710,95 euros, e o resto aos programas de Servizo de Axuda no Fogar, Celebración de actuacións/eventos turísticos, Celebración de feiras, mercados e outros, Administración electrónica, transparencia, accesibilidade e protección de datos e Programa de protección civil. Tanto no programa de investimentos como no resto de programas se inclúen actuacións que afectan a todas as parroquias do municipio, co obxectivo de mellorar as condicións de vida e os servizos de toda a veciñanza.