Novas
SUBVENCIÓN PARA A ADQUISICIÓN DUN PUNTO LIMPO MÓBIL NO CONCELLO DE RIBAS DE SIL
O Concello de Ribas de Sil contará proximamente cun punto limpo móbil que circulará polas parroquias do concello para facilitar o reciclaxe e o depósito seguro de residuos. Esta iniciativa forma parte da campaña de difusión do Punto Limpo Móbil de Ribas de Sil que se levou a cabo estas últimas semanas. Este proxecto conta co apoio financeiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do FEDER. O punto limpo móbil dará servizo a todos os veciños e veciñas de Ribas de Sil.