Novas
PLAN MARCO DE MELLORA DE CAMIÑOS MUNICIPAIS DE ACCESO A PARCELAS AGRÍCOLAS 2024-2025 (AGADER/FEADER)
Ribas de Sil é un dos concellos beneficiarios do Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020. A subvención por importe total de 45.573,00 € servirá para executar as obras de MELLORA DE CAMIÑO ENTRE FILGUEIRO E OS VILARES (35.573,00 €) e contratar a realización dun ESTUDO INTEGRAL DA REDE VIARIA MUNICIPAL (10.000,00 €).