Fondo cabecera Concello de Ribas de Sil

Novas

CAMPAMENTO DE VERÁN 2017 (Obradoiros de Verán)

Un ano máis o Concello de Ribas de Sil pon en marcha o campamento de verán (obradoiros de verán). O campamento celebrarase desde o 3 de xullo ata o 1 de setembro, de luns a venres. O horario será de 10:30 h a 13:30 h. Para calquera dúbida ou aclaración poden poñerse en contacto coas oficinas municipais (982428237). Entre as actividades a realizar, contaremos con obradoiros temáticos: a discriminación, o medioambiente ou a alimentación. Tamén haberá deportes, xincanas, manualidades, unha saída ao Aquapark de Cérceda e moitas sorpresas máis. Para este campamento, o Concello de Ribas de Sil solicitou unha subvención á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ao abeiro da Orde do 11 de abril de 2017.
CAMPAMENTO DE VERÁN

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribas de Sil
Concello de Ribas de Sil
Plaza Maior N°1 – 27310 San Clodio - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 428 237 | Fax: 982 428 551
E-mail: concello.ribasdesil@eidolocal.es