Novas
SUBVENCIÓN DA AXENCIA TURISMO DE GALICIA
A Axencia Turismo de Galicia concedeu unha subvención de 30.000,00 € para executar as obras de adecuación e mellora da accesibilidade do aparcadoiro do CIMAR (Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana).
As actuacións consistirán na pavimentación do aparcadoiro, no acondicionamento da beirrarúa existente e na instalación dunha fonte e dun portón.
Esta subvención foi concedida ao abeiro da Resolución do 13 de setembro de 2021, da Axencia Turismo de Galicia, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2021 (DOG nº 180, do 17 de setembro de 2021).