Fondo cabecera Concello de Ribas de Sil

Novas

CONVENIO INTERADMINISTRATIVO ASINADO COA DEPUTACIÓN DE LUGO 2026

O Concello de Ribas de Sil asinou un convenio interadministrativo coa Deputación de Lugo para cooperar no financiamento dos gastos derivados da execución de varias actuacións no Concello de Ribas de Sil: "Adecuación de estrada de acceso a Figueiredo", "Mellora das instalacións de alumeado público en San Clodio", "Adquisición de mesas e cadeiras para eventos", "Adquisición de equipamento para Servizos Sociais", "Beirarrúas e pasos elevados na rúa do Sil (San Clodio)", "Actividades culturais e deportivas (agosto de 2026)", "Ampliación de rede de saneamento en Barreiro", "Subministro de luminarias solares para a aldea da Fraga e o paseo da Praia Fluvial de San Clodio" e "Mellora e ampliación da rede de distribución de auga en Vilardonas". A achega da Deputación de Lugo, para estas actuacións, ascende a 100.000,00 €.
CARTEL CONVENIO 2026

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribas de Sil
Concello de Ribas de Sil
Plaza Maior N°1 – 27310 San Clodio - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 428 237
E-mail: concelloribasdesil@gmail.com