Fondo cabecera Concello de Ribas de Sil

Canón do Sil

Exercendo de fronteira natural entre as provincias de Ourense e Lugo, entre Ponte do Sil ou Ponte Abaleda e San Esteban do Sil, atopamos un sector impresionante deste río; o chamado Canón do Sil.

Na vertente ourensá corresponde ós concellos de Nogueira de Ramuín, Parada do Sil, A Teixeira e Castro Caldelas. Na vertente luguesa: Ribas do Sil, Quiroga, Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Sober e Pantón.

As fortes desniveis, as diferencias climatolóxicas entre as ladeiras de solaina (clima mediterráneo) e as de umbría (clima atlántico) e a intervención do home ó longo dos séculos propiciaron que os Canóns do Sil sexa un mosaico vexetal e paisaxístico de singular beleza.

A xénese do Canón do Sil non é fluvial senón tectónica. O seu encaixe produciuse no Cuaternario e a morfoloxía do seu canle pódese debe-lo feito de discorrer por fracturas que partiron o terreo en bloques xigantescos o comeza-lo basculamento da planicie, que elevouse polo sur e polo oeste. A acción erosiva das augas do Sil afondou logo este barranco encaixando en dirección Leste-Oeste.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribas de Sil
Ayuntamiento de Ribas de Sil
Plaza Maior N°1 – 27310 San Clodio - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 428 237 | Fax: 982 428 551
E-mail: concello.ribasdesil@eidolocal.es