Ca desamortización de 1.850, sácanse a poxa as terras e foros da abadía en lotes grandes que unicamente poden ser adquiridos por persoas con elevada capacidade económica, como foi D. Manuel Batanero e Flórez, o que fai que a situación económicosocial que pretendía soluciona-la desamortización, perpetuouse ó non ter acceso á propiedade da terra ós pequenos labregos.
Manuel Batanero merca as terras da Abadía e en 1.850 comeza a edificar un gran pazo rematado no 1.889 nas inmediacións do seu antigo caserón na Costa.
Numerosos artesáns de diversos oficios participan nas obras.
A súa etapa de esplendor alargouse ata os anos 30, en que morre D. Manuel Batanero, isto unido a morte do seu xenro, o comandante Belloch, cando intentaba aterrar co seu avión no campo da Abadía, fan que as visitas dos herdeiros sexan cada vez máis espalladas.