Fondo cabecera Concello de Ribas de Sil

Igrexa de San Clodio

Igrexa de San Clodio

A abadía de San Clodio foi fundada hai uns mil anos, e doada no século XII coas súas terras e cincocentos vasalos ós frades de San Bieito, posuidores da mesma ata a desamortización de Mendizábal, data na que foi vendida en grandes bloques, polo que os campesiños non puideron mercalas, pasando a práctica totalidade a mans de D. Manuel Batanero. Dela consérvase a súa igrexa, un torreón o seu portalón.

Da vella capela románica da primeira metade do século XII, só resta a ábsida circular, realizado en perpiaños regulares de tamaño medio de pedra ennegrecida,e a porta norte da nave. O resto é moi posterior.

A ábsida está dividido en tres rúas mediante pilastras de sección poligonal, e en tres corpos por molduras sen decoración algunha. Cada un dos panos mostra unha fiestra alintelada e abucinada mediante unha arquivolta lisa trasdosada con axadrezado. A moldura que separa o segundo corpo do terceiro, percorre a súa liña de imposta. A cornixa está sustentada por un groso bocel que, a súa vez descansa en canzorros.

A porta norte da nave é de medio punto. Na actualidade a nave está aumentada lonxitudinalmente respecto as súas proporcións primitivas, coa decoración das ventás exteriores e fragmentos das columnas realizados en calcaria, en contraste coa lousa do pais.

Unha inscrición que figura arredor do seu escudo neste fermoso pórtico renacentista infórmanos da súa recuperación das ruínas en 1.604 por parte de Alfonso de Solís, e reza do seguinte xeito:

ALFONSO DE SOLIS/S.
CLAVDI ABBAS MONASTERUM VETUSTAE COLLAPSUM RESTITVIT, ANNO 1604

A Torre pegada á ábsida da Igrexa son os restos da vella Abadía, destruída polo paso do tempo e polo seu asalto e queima durante as loitas contra as tropas francesas hai dous séculos.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribas de Sil
Ayuntamiento de Ribas de Sil
Plaza Maior N°1 – 27310 San Clodio - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 428 237 | Fax: 982 428 551
E-mail: concello.ribasdesil@eidolocal.es