O territorio no que se asenta o concello de Ribas do Sil está formado por unha estreita lingua de terra orientada de Este a Oeste entre o río Sil e os cumes da serra da Moá, os cales marcan o límite entre as provincias de Lugo e Ourense. O val do Sil ensánchase á altura da confluencia co Queiroga e na chaira formada polos aluvións fluviais aséntase a capitalidade do concello, a vila de San Clodio.
A historia de Ribas do Sil está marcada pola actividade mineira da época romana, con abondosas pegadas na arqueoloxía e na toponimia, e polos mosteiros: o de San Clodio, orixe do nome da capitalidade e dos seus monumentos máis destacados, igrexa e restos da antiga abadía co seu pórtico renacentista procedente da restauración do ano 1604, e o de Torbeo, do que permanece a súa igrexa, un dos mellores e máis elegantes exemplares do románico rural galego.
Pro a historia de Ribas do Sil non se reduce somente a eses momentos. É máis ampla e complexa.
Fragmento do libro de Manuel Cao Rodriguez editado polo concello : "Breves Historias do Concello de Ribas do Sil".