Fondo cabecera Concello de Ribas de Sil

Escolas Municipais

Escolas Municipais

Escola de Adultos

Dende o ano 2003, contamos cunha Escola de Adultos, co fin de garantir que as persoas maiores de 18 anos poidan adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e habilidades para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

A través destas ensinanzas, os adultos poden:

¿Actualizar a formación básica e acceder aos diferentes niveis do sistema educativo.
¿Mellorar a cualificación profesional ou adquirir unha preparación para ou exercicio doutras profesións.
¿Adquirir novas informacións, técnicas e habilidades para unha mellor adaptación aos cambios do mundo actual.
¿Conseguir unha maior satisfacción e seguridade non medio persoal e profesional.
¿Desenvolver a capacidade de participación na vida social, cultural, política e económica.

No seu inicio as clases impartidas correspondían ao nivel de alfabetización e neolectores, pero co paso do tempo a oferta formativa foi ampliada á preparación das probas libres para a obtención do graduado en Educación Secundaria.

Escola de Música

Na escola municipal de música impártense clases tanto de música tradicional galega coma de folk. A raíz destas clases xurdiron a Banda de Gaitas de Ribas de Sil e a Banda Folk, que dende o seu inicio realizaron diversas actuacións e actividades con gran éxito.

No ano 2004 a Banda de Música Folk editou o seu primeiro disco. O grupo Folk está formado por 23 compoñentes: 1 violín, 2 guitarras eléctrica e acústica, 4 frautas e gaitas, 2 mandolinas, 3 teclados, 2 percusión, 1 batería, 1 violonchelo, 2 baixos, 1 acordeón, 1 traveseira e 1 clarinete. Conta ademáis cun pequeno estudo de gravación onde prepara o segundo disco.

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribas de Sil
Ayuntamiento de Ribas de Sil
Plaza Maior N°1 – 27310 San Clodio - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 428 237 | Fax: 982 428 551
E-mail: concello.ribasdesil@eidolocal.es