Fondo cabecera Concello de Ribas de Sil

Protección Civil

Protección Civil

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil comezou a súa andaina o día 6 de marzo de 2006, coa finalidade de evitar, reducir ou reparar os danos a persoas e bens, orixinados por situacións de grave risco colectivo, catástrofe ou calamidade pública.

Está formada por un grupo heteroxéneo de 19 persoas, que de forma altruísta e desinteresada, participan e colaboran en labores preventivos e de vixilancia nos eventos culturais e deportivos que se desenvolven no Concello.

Outra tarefa moi importante é a intervención en situacións de perigo, sobre todo en accidentes de tráfico e incendios, entre outras.

Na devandita Agrupación están en continua formación, realizando cursos de perfeccionamento e especialización en diferentes ramas (Incendios urbanos e forestais, Busca e salvamento en montaña e zonas illadas, Accidentes en estrada, Primeiros auxilios e excarcelación, Xornadas prácticas na loita contra incendios,¿).

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribas de Sil
Concello de Ribas de Sil
Plaza Maior N°1 – 27310 San Clodio - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 428 237 | Fax: 982 428 551
E-mail: concello.ribasdesil@eidolocal.es