Fondo cabecera Concello de Ribas de Sil

Orientación laboral

O concello de Ribas de Sil en colaboración coa Consellería de Traballo, ten en marcha un Servizo de Orientación Laboral basado na información, orientación e procura activa de emprego, para mellorar a ocupación das persoas desempregadas.

Os obxetivos que definen as accións de orientación profesional son:

•Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional

•Actualizar e activar o currículum vitae de cada demandante

•Optimizar a oferta formativa existente

•Compatibilizar a demanda da persona coa oferta existente

•Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñecer as persoas usuarias o seu nivel de cualificación e o seu potencial laboral.

TIPOS DE ACCIÓNS:

As accións de orientación laboral da persoa desempregada seguen estos pasos:

•Entrevista Profesional-Ocupacional en profundidade para coñecer o seu perfil.

•Itinerario de Inserción Laboral analízanse as súas capacidades e créase o seu itinerario profesional, con accións formativas concretas.

•Información Profesional dentro do espacio territorial da súa búsqueda de emprego.

•Búsqueda Activa de Emprego mediante grupos de traballo, o usuario/a planifica e organiza a busca de emprego asesorado/a por unha técnica que coordine todo o proceso.

Punto de información

O concello dispón tamén dun punto de Información do Servizo Galego de Colocación no que os veciños poden:

•Renovar a súa demanda de emprego sen ter que desprazarse ata a oficina de emprego de Monforte de Lemos. Para poder renovala a primeira vez hai que acudir a Oficina de Emprego para rexistrar a impresión dixital.

•Facilita o acceso as ofertas de emprego en difusión, programación de cursos do Plan FIP, Servizo Galego de Colocación.

•Facilita o acceso a consultas nas páxinas Web, dos diferentes Servicios Públicos de Emprego Autonómicos e Nacional, Oficiais das administracións públicas, etc,...

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribas de Sil
Concello de Ribas de Sil
Plaza Maior N°1 – 27310 San Clodio - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 428 237 | Fax: 982 428 551
E-mail: concello.ribasdesil@eidolocal.es