Fondo cabecera Concello de Ribas de Sil

Orientación laboral

O concello de Ribas de Sil en colaboración coa Consellería de Traballo, ten en marcha un Servizo de Orientación Laboral basado na información, orientación e procura activa de emprego, para mellorar a ocupación das persoas desempregadas.

Os obxetivos que definen as accións de orientación profesional son:

¿Orientar e informar a demandantes de emprego sobre o seu perfil profesional

¿Actualizar e activar o currículum vitae de cada demandante

¿Optimizar a oferta formativa existente

¿Compatibilizar a demanda da persona coa oferta existente

¿Ofrecer un sistema áxil de información que permita coñecer as persoas usuarias o seu nivel de cualificación e o seu potencial laboral.

TIPOS DE ACCIÓNS:

As accións de orientación laboral da persoa desempregada seguen estos pasos:

¿Entrevista Profesional-Ocupacional en profundidade para coñecer o seu perfil.

¿Itinerario de Inserción Laboral analízanse as súas capacidades e créase o seu itinerario profesional, con accións formativas concretas.

¿Información Profesional dentro do espacio territorial da súa búsqueda de emprego.

¿Búsqueda Activa de Emprego mediante grupos de traballo, o usuario/a planifica e organiza a busca de emprego asesorado/a por unha técnica que coordine todo o proceso.

Punto de información

O concello dispón tamén dun punto de Información do Servizo Galego de Colocación no que os veciños poden:

¿Renovar a súa demanda de emprego sen ter que desprazarse ata a oficina de emprego de Monforte de Lemos. Para poder renovala a primeira vez hai que acudir a Oficina de Emprego para rexistrar a impresión dixital.

¿Facilita o acceso as ofertas de emprego en difusión, programación de cursos do Plan FIP, Servizo Galego de Colocación.

¿Facilita o acceso a consultas nas páxinas Web, dos diferentes Servicios Públicos de Emprego Autonómicos e Nacional, Oficiais das administracións públicas, etc,...

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribas de Sil
Ayuntamiento de Ribas de Sil
Plaza Maior N°1 – 27310 San Clodio - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 428 237 | Fax: 982 428 551
E-mail: concello.ribasdesil@eidolocal.es