Fondo cabecera Concello de Ribas de Sil

Servizos sociais

Os Servizos Sociais de Atención Primaria son a porta de entrada o sistema de benestar social, baseado nas políticas sociais, que teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de tódolos cidadáns.

Está formado por unha Traballadora Social, responsable dos programas básicos de actuación:

¿Programa de Orientación, Asesoramento e Información:

◦Programa onde se informa ós cidadáns sobre os distintos recursos e dereitos existentes en materia de servizos sociais, así como a maneira efectiva de acadalos: pensións non contributivas, RISGA, acceso a outros sistemas de protección social e prestacións. Abono social de telefónica, programas de vacacións e termalismo para persoas maiores e minusválidas, ingreso en residencias, centros de día , casas de acollida, etc. Programas de respiro familiar e de voluntariado social, teleasistencia, etc.

¿Programa de Axuda no Fogar.

◦Este servizo responde as necesidades dos veciños/as que padecen algunha discapacidade ou disfunción que non lles permite desenvolver a súa autonomía persoal e social no seu propio fogar. Nestes momentos hai seis auxiliares de axuda no fogar que prestan servizos de carácter persoal (aseo, movilización, acompañamento, aspectos sanitarios, etc), doméstico (alimentación, limpeza básica, etc), entre outros.

¿Programa de Inserción Social.

◦Con este programa búscase a integración social dos sectores de poboación mais desfavorecidos e a mellora das súas condicións de vida.

◦Accións:Tanto o nivel preventivo como a intervención directa en supostos concretos, desenvolveranse mediante as seguintes actividades:

■Accións de promoción e participación social.

■Accións dirixidas a facilitar o acceso, permanencia e utilización dos recursos normalizados.

■Accións dirixidas a facilitar o acceso, permanencia e utilización dos recursos específicos que se establezan.

■Xestionar as prestacións económicas e sociais establecidas, realizando o seguimento e avaliación na súa aplicación.

¿Programa de Animación, prevención e cooperación social.

◦O seu obxectivo é facilitar a participación das persoas en tarefas colectivas, fomentando a iniciativa social, a solidariedade, o asociacionismo e o voluntariado.

◦Actuacións:
■Fomento da solidaridade social.

■Potenciación das organizacións de voluntariado social

¿Hai que destacar tamén outros programas ou actuacións que se levan a cabo neste servizo como son os programas de emerxencia social, vacacións en paz (programa que achega a nenos saharauis a familias do concello nos meses de xullo e agosto), educación familiar, escola de maiores, etc.

E-Mail: alba.carrera.ribasdesil@eidolocal.es

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribas de Sil
Ayuntamiento de Ribas de Sil
Plaza Maior N°1 – 27310 San Clodio - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 428 237 | Fax: 982 428 551
E-mail: concello.ribasdesil@eidolocal.es