Fondo cabecera Concello de Ribas de Sil

Técnico Local de Emprego

Técnico Local de Emprego

A Técnica Local de Emprego de Ribas de Sil está encuadrado na Rede de Técnicos de Emprego de Galicia. Entre as funcións do axente de emprego e desenvolvemento local están as seguintes:

•Xestionar axudas para favorecer o emprego, centrándose sobre todo en aqueles colectivos con maiores dificultades á hora de conseguir emprego.

•Informar as empresas dos instrumentos de promoción e fomento da competitividade empresarial dispoñibles, así como facilitar o seu acceso a eles.

•Promover a cultura emprendedora fomentando iniciativas empresariais e apoiando novos proxectos de autoemprego individual ou colectivo informando das medidas de apoio existentes e poñendo en relación persoas emprendedoras e recursos.

•Comunicar a empresas e persoas emprendedoras as subvencións para a formación e o emprego, así como facilitar o acceso a elas.

•Facilitar a inserción laboral das persoas demandantes de emprego, en especial das participantes en políticas activas de emprego, identificando as necesidades de persoal das empresas a curto e medio prazo e propoñendo accións de mellora da empregabilidade da poboación desempregada.

•Observación estratéxica do territorio e realización de estudos co fin de detectar necesidades formativas e educativas da poboación desempregada.

•Contribuír ao desenvolvemento socioeconómico do territorio mediante:

◦A prospección de recursos ociosos ou infrautilizados e de proxectos empresariais de promoción económica e iniciativas innovadoras para a xeración de emprego.

◦A difusión e estímulo das potenciais oportunidades de creación de actividades entre persoas desempregadas, promotores e promotoras, persoas emprendedoras e institucións colaboradoras.

◦O acompañamento técnico na iniciación de proxectos empresariais para a súa consolidación en empresas xeradoras de novos empregos, asesorando e informando sobre a viabilidade técnica, económica e financeira e, en xeral, sobre os plans de lanzamento das empresas.

◦O apoio aos promotores e ás promotoras das empresas, unha vez constituídas estas, acompañándoos/as tecnicamente durante as primeiras etapas de funcionamento.

E-Mail: adl@concelloderibasdosil.es

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribas de Sil
Concello de Ribas de Sil
Plaza Maior N°1 – 27310 San Clodio - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 428 237 | Fax: 982 428 551
E-mail: concello.ribasdesil@eidolocal.es