Fondo cabecera Concello de Ribas de Sil

Camiño Sur

Camiño Sur

Esta ruta a Santiago é a que utilizaban os peregrinos durante a idade media durante os meses de inverno, dado que a altitude máxima que se alcanza é de 600 m sobre o nivel do mar e polo tanto a posibilidade de atoparse con grandes nevadas era escasa. Discorre dende Ponferrada ata adentarse en Galicia pola ribeira do río Sil, bordeando o alto do Cebreiro cun clima moito máis cru que o do Val do Sil. O seu trazado xustaponse co denominado “Camiño Real” tradicional vía de comunicación co Bierzo Leonés. A ruta discorre paralela en todo o seu recorrido o río Sil, este e outros accidentes xeográficos e proporciona unha personalidade específica.

O Camiño Sur divídese en cinco etapas, que atravesan os Concellos de Quiroga, Ribas do Sil, Monforte de Lemos, Sober, Pobra de Brollón, Pantón O Saviñao e Chantada, que constitúen a “Asociación de Camiños de Santiago pola Ribeira Sacra”que decidiron unirse para impulsar e dar a coñecer esta ruta e intentar conseguir o recoñecemento desta como unha ruta xacobea a Santiago.

2º ETAPA (Quiroga- San Clodio- A Cubela) (14,6 Kms): esta etapa do camiño discorre case integramente polo Concello de Ribas do Sil. No comezo deste tramo temos dúas posibilidades para chegar ata o pobo de Rairos; por un lado continuar dende Quiroga por Mancebico, Espandariz e Nocedo ou cruzar a ponte en San Clodio tamén coñecida como Ponte de Ferro e dirixirse a Rairos polo trazado que percorre o noso Concello.

Dende San Clodio partimos cara a Rairos saíndo polo barrio de San Román pola estrada provincial que une estas dúas poboacións, neste tramo pasaremos polo lugar de A Tapada onde hai un miradoiro no que é de obrigar deterse uns minutos para gozar da fermosa paisaxe que dende alí podemos ollar.

Chegados a Rairos temos que desviarnos a esquerda pola estrada que conduce a Torbeo ata chegar a Nogueira e dende alí, pola N-120 coller o desvío que nos leva ó Castro de Abaixo, onde comezan os Canóns do Sil á altura de Augasmestas, na desembocadura do rio Lor no río Sil.

Dende aquí comézase o ascenso a Torbeo, pasando a carón dunha explotación mineira romana, a través de soutos de castiñeiros e visitando as aldeas de Souto, Moreiras de Abaixo, e San Lorenzo, onde o camiño convértese en pista asfaltada ata chegar a Torbeo.

Este tramo remata en A Cubela, posuidora dunhas vistas únicas, para chegar comezamos o descenso ata chegar a esta aldea ó pe do río Sil. Pasaremos neste último camiño por As Aradas e Pena Tallada, rocha labrada polo home para permiti-lo paso dos carros. Esta baixada está marcada pola impresionante vista que en todo momento temos do meandro que forma ó Sil en A Cubela.

Enlaces adicionais

Imaxes

xente facendo o camiño Peña Tallada Torbeo

Ver todas as imaxes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribas de Sil
Concello de Ribas de Sil
Plaza Maior N°1 – 27310 San Clodio - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 428 237 | Fax: 982 428 551
E-mail: concello.ribasdesil@eidolocal.es