Fondo cabecera Concello de Ribas de Sil

Camiño Sur

Camino Sur

Esta ruta a Santiago é a que utilizaban os peregrinos durante a idade media durante os meses de inverno, dado que a altitude máxima que se alcanza é de 600 m sobre o nivel do mar e polo tanto a posibilidade de atoparse con grandes nevadas era escasa. Discorre dende Ponferrada ata adentarse en Galicia pola ribeira do río Sil, bordeando o alto do Cebreiro cun clima moito máis cru que o do Val do Sil. O seu trazado xustaponse co denominado ¿Camiño Real¿ tradicional vía de comunicación co Bierzo Leonés. A ruta discorre paralela en todo o seu recorrido o río Sil, este e outros accidentes xeográficos e proporciona unha personalidade específica.

O Camiño Sur divídese en cinco etapas, que atravesan os Concellos de Quiroga, Ribas do Sil, Monforte de Lemos, Sober, Pobra de Brollón, Pantón O Saviñao e Chantada, que constitúen a ¿Asociación de Camiños de Santiago pola Ribeira Sacra¿que decidiron unirse para impulsar e dar a coñecer esta ruta e intentar conseguir o recoñecemento desta como unha ruta xacobea a Santiago.

2º ETAPA (Quiroga- San Clodio- A Cubela) (14,6 Kms): esta etapa do camiño discorre case integramente polo Concello de Ribas do Sil. No comezo deste tramo temos dúas posibilidades para chegar ata o pobo de Rairos; por un lado continuar dende Quiroga por Mancebico, Espandariz e Nocedo ou cruzar a ponte en San Clodio tamén coñecida como Ponte de Ferro e dirixirse a Rairos polo trazado que percorre o noso Concello.

Dende San Clodio partimos cara a Rairos saíndo polo barrio de San Román pola estrada provincial que une estas dúas poboacións, neste tramo pasaremos polo lugar de A Tapada onde hai un miradoiro no que é de obrigar deterse uns minutos para gozar da fermosa paisaxe que dende alí podemos ollar.

Chegados a Rairos temos que desviarnos a esquerda pola estrada que conduce a Torbeo ata chegar a Nogueira e dende alí, pola N-120 coller o desvío que nos leva ó Castro de Abaixo, onde comezan os Canóns do Sil á altura de Augasmestas, na desembocadura do rio Lor no río Sil.

Dende aquí comézase o ascenso a Torbeo, pasando a carón dunha explotación mineira romana, a través de soutos de castiñeiros e visitando as aldeas de Souto, Moreiras de Abaixo, e San Lorenzo, onde o camiño convértese en pista asfaltada ata chegar a Torbeo.

Este tramo remata en A Cubela, posuidora dunhas vistas únicas, para chegar comezamos o descenso ata chegar a esta aldea ó pe do río Sil. Pasaremos neste último camiño por As Aradas e Pena Tallada, rocha labrada polo home para permiti-lo paso dos carros. Esta baixada está marcada pola impresionante vista que en todo momento temos do meandro que forma ó Sil en A Cubela.

Enlaces adicionales

Imágenes

gente haciendo el camino Peña Tallada Torbeo

Ver todas las imágenes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribas de Sil
Ayuntamiento de Ribas de Sil
Plaza Maior N°1 – 27310 San Clodio - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 428 237 | Fax: 982 428 551
E-mail: concello.ribasdesil@eidolocal.es