Fondo cabecera Concello de Ribas de Sil

Ruta do Ouro

Ruta do Ouro

A partir do século I d.c., o Imperio Romano levou a cabo unha intensa actividade mineira centrada principalmente na extracción do ouro. A técnica empregada na zona, hoxe pertencente ó Concello de Ribas do Sil, caracterizase polo movemento de grandes cantidades de terra aproveitando a forza hidráulica do Río Sil. A auga conducida mediante complexos sistemas de canalización, arrastraba as terras ata as canles de lavado situadas na parte máis baixa do xacemento. O ouro quedaba depositado por decantación no fondo dos lavadoiros.

A ruta do ouro de Peites, Figueiredo e Piñeira permite admirar vestixios daquelas explotacións auríferas milenarias. A ruta é de 8 quilómetros e se pode realizar en autobús. O percorrido empeza no pobo de Peites, onde se pode visitar un muíño de aceite e percorre-la mina que hai debaixo da aldea. Logo, nos diriximos a Figueiredo onde se atopa a 2ª explotación convertida hoxe en día nun souto de castiñeiros. E finalmente, iremos á parroquia de Piñeira, para visitar outra mina que leva o seu nome. Nesta mina, pódese admirar un profundo corte na ladeira e unha gran cantidade de cantos.

Imaxes

Ruta fotos ouro

Ver todas as imaxes

Información sobre el documento

Escudo del    Concello de Ribas de Sil
Concello de Ribas de Sil
Plaza Maior N°1 – 27310 San Clodio - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 428 237 | Fax: 982 428 551
E-mail: concello.ribasdesil@eidolocal.es