Coido sinceramente que esta é a sección menos importante da nova páxina web do noso Concello. Os saúdas dos alcaldes son unha pequena presentación de cordialidade e unha invitación a todos para que veñan a coñecer os encantos do noso concello, enclavado en plena Ribeira Sacra Lucense.
Esta páxina foi elaborada con moita ilusión e dedicación e coido que tódolos veciños nos podemos sentir orgullosos do resultado acadado.
Neste intre comeza a súa visita virtual ó concello de Ribas de Sil. Ogallá sexa do seu agrado e agardamos velo moi pronto por aquí. As nosas paixases, a nosa gastronomía, as nosas festas e a hospitalidade da nosa xente ben se merecen dúas visitas: unha virtual e outra en persoa.
¡Ata pronto!