Novas

O Concello de Ribas de Sil é beneficiario dunha axuda outorgada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 para a contratación dunha persoa traballadora inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (procedemento TR350E). A contratación será de 9 meses na categoría de peón de obras públicas e contribuirá a mellorar os servizos municipais que se ofrecen aos veciños.
Leer máis

Ribas de Sil é un dos concellos beneficiarios do Programa do Plan Corresponsables en Galicia. Na anualidade 2026, a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, concedeu unha subvención por importe de 17.660,50 € para a realización do proxecto: Plan Corresponsable de Ribas de Sil, para financiar o servizo de conciliación familiar (Madrugadores e obradoiros de verán 2026) e o programa de formación e sensibilización para a cidadanía. O financiamento procede da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade, Goberno de España.
Leer máis

O Concello de Ribas de Sil é un dos concellos beneficiarios das subvencións enmarcadas no programa Servizo de Voluntariado Xuvenil, promovido pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. Estas axudas teñen como finalidade fomentar a participación da mocidade en proxectos de acción voluntaria desenvolvidos polas entidades locais e entidades de acción voluntaria de Galicia.
Leer máis
Máis novas