Novas
O servizo de atención temperá ten como obxectivo principal promover a autonomía persoal dos nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastornos no seu desenvolvemento, facilitando así a inclusión social e a igualdade de oportunidades.
Leer máis
O Concello de Ribas de Sil participa no Plan único de cooperación cos concellos para o ano 2023, consonte ás bases aprobadas pola Deputación de Lugo. A cantidade asignada ao municipio con cargo a este plan é de 230.437,41 euros, dos cales o Concello decidiu dedicar 129.937,41 euros a investimentos, e o resto aos programas de SAF, reforzo do emprego, celebración de feiras, mercados e outros e administración electrónica e protección de datos.Tanto no programa de investimentos como no resto de programas se inclúen actuacións que afectan a todas as parroquias do municipio, co obxectivo de mellorar as condicións de vida e os servizos de toda a veciñanza.
Leer máis
A Axencia Turismo de Galicia concedeu unha subvención de 30.000,00€ para a sinalización de recursos turísticos en Ribas de Sil. Esta subvención foi concedida ao abeiro da RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a concellos de ata 10.000 habitantes para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2023 ( DOG Núm. 33 do 16 de febreiro de 2023) (código de procedemento TU503D).
Leer máis
Máis novas